Tuesday 07 de May de 2024

Alternativa de Cambre pecha campaña no Campo da Feira


O último acto de campaña do grupo municipal será mañá venres 26 de maio ás 20.30 horas, no Campo da Feira de Cambre.

O grupo municipal celebrará un pequeno mitin, e para confraternizar coa veciñanza ofreceranse uns pinchos de lacón, típicas larpeiras e un pouco de música para amenizar.

O acto é aberto para todas as persoas interesadas en coñecer o proxecto de Alternativa en Cambre, simpatizantes do grupo e tamén foron invitadas as asociacións locais.